12 de novembro de 2020

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 13 AO 15 DE NOVEMBRO

Actividades previstas para estes tres días:

***** VENRES 13 DE NOVEMBRO

PRESENCIAL: Adestramento Sub14.
Centro Comercial Los Rosales.
Sala de Xadrez. 1º Andar. 17,00 - 18,00.
Tema do adestramento: Finais básicos I.
Cota: 5 euros (inclue a pertenza a AGAX en 2020-2021 con agasallo dunha máscara de tela con motivo de xadrez e un bote de hidroxel).
Máximo 6 participantes (deberá ter a mensaxe de confirmación no correo ou no móvil)

PRESENCIAL: Adestramento maiores 14 anos.
Centro Comercial Los Rosales.
Sala de Xadrez. 1º Andar. 19,30 - 20,30.
Tema do adestramento: Finais básicos I.
Cota: 5 euros (inclue a pertenza a AGAX en 2020-2021 con agasallo dunha máscara de tela con motivo de xadrez e un bote de hidroxel).
Máximo 6 participantes (deberá ter a mensaxe de confirmación no correo ou no móvil)

ONLINE: Circuito Torneos de Outono.
21,30 horas na plataforma Chess.com
Serie de torneos suizos a cinco roldas e cinco minutos.
Disputaranse os venres 6, 13 e 27 de novembro e 4, 11 e 18 de decembro.

 
***** SABADO 14 DE NOVEMBRO

PRESENCIAL: Adestramento sistema copa.
Para moitos hai meses que non disputan partidas. O adestramento tipo copa será unha oportunidade de xogar partidas presenciais mantendo a maior seguridade posible. A sala está dividad en dous espazos distintos, que se empregarían alternativamente, non se empregaría un mesmo taboleiro para mais dunha partida e cada partida estará separada mais de dous metros de calquera outra.

Ao ser por eliminatorias, o horario está pendente do número de xogadores inscritos. As horas previstas de en caso de chegar a 12 participantes serían:

Sábado: 17,00 18,00 19,00

Domingo 18,00 19,00 (so en caso de mais de 6 participantes e só para os que venceran as partidas anteriores)

Posto que a fin de semana pasada non poidemos celebrar o Torneo Tódolos Santos, o mellor deste adestramento recibirá o trofeo destiando a esa actividade.

O venres a última hora ou cando completemos os 12 interesados anunciaremos ás horas ás que ten que asistir cada xogador. O sorteo o realizará o monitor da actividade.

Cota: 5 euros (inclue a pertenza a AGAX en 2020-2021 con agasallo dunha máscara de tela con motivo de xadrez e un bote de hidroxel). Se xa es membro de AGAX (por participar nas outras actividades da fin de semana non hai cota).
Máximo 12 participantes (deberá ter a mensaxe de confirmación no correo ou no móvil)
(na sala ao mesmo tempo so estarían 6).


***** DOMINGO 15 DE NOVEMBRO

En caso de ter mais de 6 interesados no adestramento Copa, celebraríanse as partidas correspondentes.

Notas varias:

Nas actividades presenciais é obrigatorio o cumprimento do protocolo de adestramento federado da Federación Galega de Xadrez.
É recomendable levar a ficha federativa que o acredite.
O aforo da sala para estas actividades estará limitado a 8 persoas.
Lembramos que ao celebrarse as mesmas no Centro Comercial Los Rosales poden adquirir medidas de protección no mesmo. 
É obrigatorio entregar o documento de aceptación de risco (https://ajedrezcclosrosales.blogspot.com/2020/10/condicions-de-participacion.html)
Podemos conseguir mascaras ffp2 e máscaras faciais de plastico por 1 €.


Ningún comentario: