15 de setembro de 2020

O rei Bruxo 145

E temos xa un novo número do Rei Bruxo.
Recuperando pouco a pouco a actividade agardamos telo con nos se non cada semana dúas veces ao mes ata final do ano.

8 de setembro de 2020

E xa temos Facebook

Como tampouco é cousa de crear espazos sen contido o noso Facebook será compartido co Club Xadrez das Mariñas, aproveitando o espazo que xa tiñan eles.
En Facebook, Twitter e Instagram funcionaremos como @xadrecistas.
Séguenos nas redes sociais!

7 de setembro de 2020

VOLTAMOS

Tras case dous meses de parón retomamos a actividade.
Temos varias actividades previstas coa Deputación e co Concello da Coruña.
Queremos facer varias accións presenciais, seguramente xa esta semana, pero veremos que nos deixa facer a COVID.
Moitos xa coñecedes os casos positivos no Campionato de España de Segunda División, que obriga a suspender os de Primeira División que tiña que disputarse en Galicia.
Nos buscaremos actividades con moi pouca xente e con mascara e distancia entre os participantes. Probablemente será un xadrez mais aburrido do que tiñamos ata agora, pero hai que adaptarse.
A nosa presenza en internet vai crecer moito, e nesta web imos recoller o que vaiamos a facer coas axudas aprobadas deste 2020.
Empezamos polas accións do Concello (o blog dos xogos escolares da Coruña pasa a recoller toda a actividade feita co cargo as axudas municipais).
E empezamos hoxe co anuncio de que reabrimos o prazo para participar nos concursos de debuxo e de relatos.
E mañán mais, permanece atento.