14 de maio de 2020

XOVES 14 E CERTAME DE PARTIDA

Estas actividades especiais do confinamento empezaron a mediados de marzo e xa estamos a mediados de maio. Para moitos as partidas en chess.com e lichess.org foron un bo entretemento.

Pero queremos que saques mais beneficios destas partidas asi que temos a seguinte proposta:

BUSCA NAS TUAS CONTAS DE CHESS.COM OU LICHESS.ORG A MELLOR PARTIDA.

Como sabedes xa días atrás convocamos concursos de relatos e debuxos e agora buscamos mais cousas para completar un libro. Obviamente das mellores cousas sería contar con boas partidas de xadrez.

Buscamos unha partida xogada dende o 14 de marzo e ata o 31 de maio, nalgún dos torneos anunciados nesta páxina (que rondarán os 200).

Probablemente as túas partidas non sexan gran cousa, pero cecais atopas algunhas posicións de mate ou simplemente interesantes (que igoal nin siquera foi vista na partida). Así que tamén nos vale se desbotamos o resto da partida pero hai unha posición instructiva.

Podes presentar un máximo de tres partidas, tes que enviar a partida en formato pgn, comentada e coa ligazón á mesma.

Imos seleccionar un máximo de 20 partidas.

Os gañadores recibirán o libro onde publicaremos as partidas gratis.

E como xa sabemos que isto non é suficiente incentivo para vos, sempre que consideremos que hai 20 partidas que merecen ser publicadas, sortearemos un premio de 30 euros entre os que presentaron as mesmas. E se tes a sorte de que e es socio de AGAX entón en vez de 30 euros o premio será de 50.

Tes ata o 3 de xuño para enviarnos unha partida (e ata o 30 para facer unha xenialidade nos vindeiros torneos).

__________________________________________________

Lembramos por terceira vez que esta semana o tema a adestrar é a Apertura Escocesa. Mira o video que colocamos este martes.

Propostas para hoxe:

13,00 TORNEO DOS TRES XAQUES
https://www.chess.com/live#t=1226840

21,00 TORNEO ADESTRAMENTO NA ESCOCESA
https://lichess.org/tournament/Zt3fIlMh

0,00 TORNEO VAI DURMIR
https://www.chess.com/live#t=1226841

Ningún comentario:

CORENTENA!

PASANDO ESTES DIAS CO XADREZ

Imos tentar que esta corentena sexa máis levadía para todos cunha serie de propostas que vos propomos. No voso móbil ou tableta aconsell...