3 de abril de 2020

PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE ABRIL

Hoxe é venres e iniciamos a Fin de Semana facendo unha estrea.

Dende agora cada fin de semana imos facer unha programación para os tres días.

Antes damos un repaso á actividade deste xoves. No Torneo de FischerRandom Rubentro gañou e vai para os primeiros postos do circuito que gañou na etapa anterior.

No Torneo do Serán jajaquemate logrou a vitoria e grazas ao seu segundo posto na xornada anterior colócase de lider.

No Torneo Vai Durmir, a vitoria de RoiandRoll faille empatar no primeiro posto do circuito co seu amigo de toda a vida.


E vistos estes resultados, que temos para a Fin de Semana?

Pois como estes días andamos pechados e non podemos facer as actividades presenciais que tíñamos previstas, pero si temos algúns trofeos xa mercados e non parece que vaiamos a ter moito tempo para poñelos en xogo, Imos dar un trofeo ao mellor da Fin de Semana.

Como determinaremos quen vai levar o trofeo desto que imos chamar Xornada Lúdica Imbolc? (que tería que haberse celebrado o sábado 15 de marzo)

Poden sumar puntos todos os que xoguen durante estes tres días polo menos SEIS dos torneos propostos. A participación supón 1 punto. E ademais nos teus cinco mellores torneos sumaremos tantos puntos como sumen no circuito e se non é un torneo dun circuito igoalmente daremos puntos como se o fose. Os que participen en probas fora das habituais en chess.com deberán avisarnos para que os teñamos en conta nas clasificacións.

Alá vai a nosa proposta e a ver que facedes. Por vez primeira incluimos un torneo de 3 xaques e de Rei do Outeiro. Se tes dúbidas vai adestrando nestas modalidades en chess.com.

VENRES 3 DE ABRIL

17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
19,30. I Torneo XDM Online en Lichess. PREME
22,00. Torneo da Asociación de Xadrez Lisboa en Lichess. PREME
00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME

SABADO 4 DE ABRIL

17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
18,00. Torneo TRES XAQUES. Se te dan 3 xaques tamén perdes en Chess.com. PREME
20,30. Torneo EuQuedoNaCasa Cambre co Xadrez 9 en Lichess. PREME
00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME

DOMINGO 5 DE ABRIL

12,00. Torneo por equipos de Fontecarmoa. Fase clasificatoria. En lichess. Vai ao club e anotate.
17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
18,00. Torneo por equipos de Fontecarmoa. Fase final. En lichess. Vai ao club e anotate.
20,05. Torneo REI DO OUTEIRO en Chess.com. PREME
00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME

E que mais da puntos?

Participar cun relato ou debuxo enviado ao noso concurso este fin de semana. 1 punto mais.

Certame de Debuxo Xadrecistico - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos - Mais info aqui:  PREME

Algo mais?

Este fin de semana non, pero para os seguintes a recomendación é que mires as variantes dos distintos xadreces de lichess, que vaias repasando como eran as normas das damas e que vaias preparando as túas contas de Clash Royale e de Clash of Clans.

Ningún comentario: