13 de abril de 2020

ANIVERSARIO DE INCUDE E TORNEOS DIA 13

As actividades da fin de semana baixo o nome de Xornada Lúdica Aniversario de INCUDE tiveron como vencedor e gran dominador ao exdirectivo da entidade Rodrigo Pena (RoiandRoll).

Entre os rapaces o mellor clasificado foi Ruben Troiteiro (Rubentro), gañador a semana pasada e que nesta ocasión foi o quinto clasificado.

Rodrigo conseguiu vencer en 4 dos torneos que disputou e foi segundo en outros dous, facendo imposible achegarse a él.

E tras a fin de semana veñen os últimos torneos deste circuito, que remata hoxe. No torneo da sesta e a pesar de non puntuar un dos días e grazas a que tampouco o fixo o seu perseguidor Rubentro aumentou a diferenza a 13 puntos. O Torneo do Serán non se moveu xa que non había partidas. Jajaquemate chega xa vencedor á última rolda.

O mais emocionante ven nos torneos da madrugada. Dous xogadores teñen opcións, mantendo moi distanciados aos seus rivais. Será quen RoiandRoll de manter o seu primeiro posto?




E para hoxe estes son os nosos tres torneos.

CIRCUITO TORNEOS FISCHERRANDOM (960) - 17,00 HORAS PREME

CIRCUITO TORNEOS DO SERAN - 20,05 HORAS PREME

CIRCUITO TORNEOS VAI DURMIR - 0,30 HORAS PREME




Certame de Debuxo Xadrecistico - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos - Mais info aqui:  PREME

Ningún comentario: