1 de abril de 2020

ACTIVIDADES EN ABRIL

Pois empezamos un novo mes e o facemos coa convocatoria neste 1 de abril que é o Día das Artes de Galicia, do Certame de Debuxo Xadrecistico.

Mais info aqui: PREME

Sa sabes que tamen temos o Certame de Contos. Información completa en PREME

E que imos facer ademais estes días?

En principio temos unha programación marcada ata o día 13, que sería o luns de Pascua, con torneos variados.

CIRCUITO TORNEOS FISCHERRANDOM - 17,00 HORAS
Vai seguir igoal o nomeado como torneo da sesta ás 17,00. Un FischerRandom a 5 minutos, onde sobre todo os mais novos parecen estar disfrutando. En principio vai facerse tódolos días, polo que haberá 13 probas puntuables para o circuito.
O de hoxe nesta ligazón PREME

CIRCUITO TORNEOS DO SERAN - 20,00 HORAS
O circuito da Noitiña funcionou ben pero queremos que participen mais rapaces, así que agora vai ser antes. Ás 20,00 horas. Foi un torneo comabativo e queremos que siga así pero imos reducir as xornadas de xogo. Será unicamente de luns a xoves. Así que temos só 7 probas puntuables.
Torneo de xadrez FIDE a 5 minutos.
O de hoxe nesta ligazón PREME

CIRCUITO TORNEOS VAI DURMIR - 0,30 HORAS
O circuito da madrugada tamén funcionou ben e neste caso vai quedar exactamente igoal.
Teremos 13 probas puntuables. Torneo de xadrez FIDE a 5 minutos.
O de hoxe nesta ligazón PREME

E que mais cousas temos?

Os venres á tarde imos facer torneos con Xadrez das Mariñas e os dous fins de semana teremos actividades especiais que iremos anunciando, si podemos adiantar que o Puzzle Rush de chess.com será unha delas igoal que outras modalidades lúdicas. Permanece atento a está páxina. E entra nos espazos dos clubes de xadrez de Chess.com e de Lichess.org

Trofeos? Medallas? Premios?

Como a cousa esta do confinamento alóngase estamos a mirar a posibilidade de ofrecer trofeos aos vencedores dos circuitos e ou dalgunhas das probas do Fin de Semana. Tamén anunciaremos en breve.

Saúdos e Sorte para todos!

Ningún comentario: