24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 24 DE MARZO

Martes 24. Case 10 días de confinamento.
Como o levades?

Lembrade que cada día tentamos facer algunha cousa nova.

Participa nos certames que imos convocando.

PASOS PREVIOS A MOITAS DAS PROPOSTAS.

CHESS.COM
Como sabedes é o espazo que empregamos en moitos dos torneos.
Podes facer unha conta de balde PREME
É importante que logo de facer a conta esteas nun dos clubes que mantén INCUDE a través desta ligazón: https://www.chess.com/club/incude-cidu-abertos

LICHESS.ORG
A outra plataforma. Tamén de balde PREME
É importante que logo de facer a conta esteas no club creado por XADREZ DAS MARIÑAS a través desta ligazón: https://lichess.org/team/xdm

TORNEOS DO DIA

Ás 17,00. Torneo da Sesta
Este é de xadrez 960 ou tamén chamado FischerRandom
Inscripcións en chess.com PREME

Ás 20,10. Torneo EuQuedoNaCasa Cambre co Xadrez
Organizado por Sigrás en lichess. Durará 90 minutos polo que non é compatible co seguinte.
Información en PREME

Ás 21,00. Torneo da noitiña.
Inscripcións en chess.com PREME

e ás 0,30, xa do día seguinte: Torneo vai durmir.
Inscripcións en chess.com PREME

OUTROS TORNEOS

Hoxe iníciase a I LIGA XADREZ DAS MARIÑAS ONLINE.
É unha proba individual, dura toda a semana actual. Podes seguila aqui PREME

Ata o xoves 26 podes inscribirte na II COPA AGAX ONLINE.
É unha proba individual, que se disputa a un ritmo dunha xogada por dia. Para anotarse PREME

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Se gostas de escribir, lembra que temos un. Certame de Contos.
Información completa en PREME

Ningún comentario: