5 de decembro de 2016

V TORNEO DE NADAL

O sábado 10 de nadal celebraremos a quinta edición do noso Torneo de Xadrez.

Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT nesta ocasión repetimos no Centro Comercial Los Rosales onde os xogadores de calquera idade, novidade desta edición, poderán disputar as partidas deste torneo.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: V TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2015.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla e un libro.

Cota: 4 euros.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos. Os participantes serán consderados socios simpatizantes do Club Deportivo Auténtico.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: deportivoautentico@deporcultura.eu

Hai un límite de participantes de 100 xogadores


10 de novembro de 2016

Xadrez Universitario - Novas do CIDU: CLASES DE XADREZ

Xadrez Universitario - Novas do CIDU: CLASES DE XADREZ: O Club de Iniciativas Deportivas Universitarias en colaboración con INCUDE e a Universidade da Coruña terá estas actividades formativas du...

19 de outubro de 2016

4 de outubro de 2016

AGAX - Xadrecista.eu: XXII TORNEO VIRXE DO ROSARIO

AGAX - Xadrecista.eu: XXII TORNEO VIRXE DO ROSARIO: Por fin temos a confirmación dos horarios do Torneo do Rosario de Xadrez. No cartel que se achega aparece toda a información desta proba ...

24 de maio de 2016

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

Xa estamos a rematar este curso 2015-2016 e como peche o próximo fin de semana celébrase no Centro Comercial dos Rosales unha nova edición do Torneo de Xadrez de Primavera.

A actividade desenvolverase en dous días.

Desta maneira o venres 27 desde as 18,00 colocaranse unhas mesas para a disputa de partidas amigables e máis tarde, ás 20,00, iniciarase un torneo de partidas rápidas a cinco minutos que terminará unha hora máis tarde. Nesta proba os participantes xogarán nunha única categoría e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados.

O sábado 28 disputarase o Torneo de Primavera no que poden participar todos os interesados no que os participantes serán divididos en categorías en función da súa idade; sub8, sub10, sub12, sub14 e absoluto.
As roldas terán lugar dende as 17,00 ás 19,30.

A participación é gratuita.

As inscricións poden realizarse no teléfono 981 150 168 ou no correo electrónico asociacion@palaestra.net

6 de maio de 2016

AGAX - Xadrez e Ciencia: DIA DA CIENCIA NA RUA

AGAX - Xadrez e Ciencia: DIA DA CIENCIA NA RUA: MAÑÁ SABADO celébrase unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. O parque de Santa Margarida da Coruña, ao redor da Casa das Ciencias ac...

1 de febreiro de 2016

Ajedrez en Sporting Club Casino: Entroido

Ajedrez en Sporting Club Casino: Entroido: Nestes primeiros días de febreiro, a Asociación Palaestra e o Sporting Club Casino temos as seguintes actividades de xadrez: Luns 1: 20,...

CORENTENA!

PASANDO ESTES DIAS CO XADREZ

Imos tentar que esta corentena sexa máis levadía para todos cunha serie de propostas que vos propomos. No voso móbil ou tableta aconsell...