21 de maio de 2011

Faleceu Mari Carmen Fernández

Coñecimos ontes o falecemento de Mari Carmen Fernández, acontecido en Madrid cando contaba con 62 anos.

Mari Carmen foi durante moitos anos a imaxe do xadrez coruñés, sendo a cara amable das dúas probas mais salientables que se celebrarban na cidade; o Teresa Herrera e o Torneo de Reis.

Sempre atenta a recoller ideas de outros deportes e outras latitudes, Mari Carmen destacou pola súas rechamantes iniciativas, tales como: dalle xaque ás drogas, á violencia de xénero... etc contribuíndo deste xeito á difusión do xadrez en diferentes ámbitos.

Para moitos o primeiro contacto co mundo da competición do xadrez foi no Torneo de Reis, onde chegabamos con menos de dez anos e dabamos o salto aos equipos federados. Para os que xa temos certa idade esto acontecía na década dos setenta, cando se creou o Torneo.

O noso pésame aos familiares e amigos.

A foto corresponde ao Teresa Herrera de 1989, celebrado pouco despois da xuntanza fundacional de AGAX.

CORENTENA!

PASANDO ESTES DIAS CO XADREZ

Imos tentar que esta corentena sexa máis levadía para todos cunha serie de propostas que vos propomos. No voso móbil ou tableta aconsell...