12 de abril de 2010

Sigrás, campión da Liga AGAX 2010

O equipo de Sigrás formado por Sergio, Diego, Brais e Nacho lograron o triunfo na Liga AGAX de 2010. A competición levaba anos sen celebrarse tras alongarse a Liga Galega, pero nesta ocasión a curta liga de terceira permite retomala.
Empatados a puntos remataron o equipo do CIDU, que perdeu polo sistema de desempate.
Outro equipo do CIDU e o María Barbeito completaron o grupo de equipos inscritos.

11 de abril de 2010

Ayrton Sardina e Florencio González campións galegos de pasapezas

A parella formada por Ayrton Sardina e Florencio González foi a gañadora do Campionato Galego de Pasapezas que se disputou o pasado sábado día 10.
Un total de seis parellas participaron na proba, que tivo lugar en El Corte Inglés e que estivo moi competida, se ben os gañadores lograron impoñerse en tódalas partidas.
Membros dos clubes CIDU, Sigrás e Regatas Perillo foron os participantes neste evento.

6 de abril de 2010

Premios e DS

En cada unha das actividades existirán diferentes premios, como se pode ver nos apartados individualizados de cada un delas.

O día 24 de abril ás 20,00 en El Corte Inglés procederemos á entrega de cando menos os seguintes trofeos:

- Campión Liga por Equipos. Liga AGAX 2010.
- Campión Galego de Pasapezas 2010.
- Campión Galego de Pasapezas 2010.
- Concurso problemas de xadrez. Mellor Absoluto.
- Concurso problemas de xadrez. Mellor sub18.
- Concurso problemas de xadrez. Mellor sub14.
- Campión Xadrez en Progresión.
- Xogando co Xadrez 2010. Mellor xogador de 3º curso.
- Xogando co Xadrez 2010. Mellor xogador de 4º curso.
- Xogando co Xadrez 2010. Mellor xogador de 5º curso.
- Xogando co Xadrez 2010. Mellor xogador de 6º curso.
- Xogando co Xadrez 2010. Campión.
- Campións dos colexios colaboradores.

Ademais todos os participantes recibirán un pin da Asociación Galega de Axedrecistas por ter participado.

Tras a entrega de trofeos realizarase o sorteo dunha Consola Nintendo DS, cedida por El Corte Inglés, entre aqueles participantes nados en 1998 ou con posteridade, que participaran en algunha das probas que forman parte desta fase final de Xogando co Xadrez 2009-2010. De feito cada xogador terá tantas papeletas como participacións teña nas diferentes actividades.

Ademais desta Consola sortearemos diversos agasallos de Coca Cola cedidos por Begano, S. A. (aqui non existirá limite de idade).

Para poder gañar algún destes premios será obrigatorio estar presente na sala de El Corte Inglés as 20,00 horas do día 24 de abril.

Fase Final de Xogando co Xadrez

O día 24 de abril de 2010 realizaremos a fase final de Xogando co Xadrez.

Será unha serie de torneos disputados a 5 minutos por xogador, no que irán saíndo os diferentes campións de cada curso e colexio.

11,00. Torneo para os xogadores de terceiro de primaria.
12,00. Torneo para os xogadores de cuarto de primaria.
13,00. Torneo para os xogadores de quinto de primaria.
16,00. Torneo para os xogadores de sexto de primaria.
17,00. Torneo para determinar os mellores de cada colexio.
18,30. Torneo final para determinar o Campión de Xogando co Xadrez 2010
20,00. Entrega de Trofeos.
 
Todas as probas se realizarán en El Corte Inglés.

Haberá trofeos para os mellores de cada categoría.
 
As inscricpcións poden facerse no correo de AGAX ou ben no teléfono 608 08 47 05
 
Aqueles xogadores participantes que non estean federados, serán federados de balde en algun dos clubes colaboradores de AGAX

Campionato de Xadrez en Progresión

Tal como fixéramos o ano pasado por estas datas, outra proba de xadrez lúdico e o Xadrez en Progresión.

Nesta variante o peon unha vez que adianta ata a quinta fila vai modificando os seus movementos segundo avanza (ou retrocede!).

Ás 20,30 horas en El Corte Inglés o día 23 de abril empezará esta proba tras unha explicación breve para aqueles que non xogaran antes.

Seráun sistema suizo a cinco minutos, polo que rematará o torneo ás 21,30.

Haberá un trofeo para o primeiro clasificado.

Como esta proba forma parte do circuito de torneos do CIDU, ten unha pequena cota de participación; un euro por xogador.

Concurso de Problemas


O 23 de abril, faremos un concurso de problemas.

Será ás 19,30 en El Corte Inglés. Sala de Ámbito Cultural.

Os participantes deberán contestar unha serie de problemas propostos pola organización. Gañará o que mais problemas resolva e en caso de empate o que entregara antes.

Haberá tres categorías: sub14, sub18 e absoluta.

Cada un dos gañadores recibirá un trofeo o día 24 na entrega xeral de Xogando co Xadrez

Campionato Galego de Pasapezas


Xa que non existe oficialmente este título ímolo instituir nesta actividade.

O Campionato Galego de Pasapezas é unha proba lúdica na que se poderán inscribir as parellas de xogadores que o desexen.

Nesta modalidade de xadrez en parella as pezas capturadas por cada xogador son entregadas ao seu compañeiro que pode empregalas na súa partida.

Xogarase baixo as regras típicas de AGAX que supón que non se poden colocar as pezas en xaque.

Entre as 19,30 e 20,00 haberá unhas breves instruccións por se a xente non coñece as bases e a partir das 20,00 farase un torneo a 5 roldas con ritmo de xogo a 5 minutos, polo que ás 21,00 estará rematado. O local de xogo será El Corte Inglésda Coruña.

As inscripcións poden facerse no correo de AGAX ou no teléfono 608 08 47 05.

Os campións recibirán trofeos no acto de entrega de premios o día 24

10/04/2010 - Liga por equipos


A actividade previa de Xogando co Xadrez na súa fase competitiva será o día 10 de abril, ás 17,00 en El Corte Inglés.

A esa hora celebraremos unha competición por equipos, para calquera idade.

Os equipos estarán compostos por 4 xogadores sen suplentes.

As partidas xogaranse entre 17,00 e 19,30 a un ritmo de 15 minutos por xogador.

Realizarase una Liga ou un suizo de 5 roldas entre os equipos participantes. En calquera caso terase en conta o resultado xeral do enfrontamento mentres que os puntos de cada taboleiro servirán como sistema de desempate.

A inscripción pode facerse no correo da Asociación Galega de Xadrecistas ou ben no teléfono 608 08 47 05.

Todos os participantes recibirán un pin de AGAX e o equipo gañador un trofeo conmemorativo, que se entregará o día 24.

Os menores de 14 anos que participen e non estén federados, serán federados de xeito gratuíto nalgún dos clubes colaboradores de AGAX

Deseña a nosa imaxe

Andamos a busca dun logotipo para Xogando co Xadrez.
Se queres axudarnos, so tes que enviarnos en formato dixital a túa proposta ao noso correo na Asociación Galega de Xadrecistas (http://www.agax.org/).
O teu debuxo pode ser a nosa imaxe para o curso 2010-2011!

Xadrez e Deportivo

A Asociación Galega de Xadrecistas e Deporcultura, o Departamento Cultural do Real Club Deportivo, colabouran neste 2010 con aqueles colexios participantes en "Xogando co Xadrez".

A colaboración supón que estes colexios, se visitan ata final do actual curos o Estadio de Riazor, segundo a normativa de visitas do Real Club Deportivo, recibirán de xeito gratuíto un libro de iniciación ao xadrez para cada rapaz visitante.

Os prezos das visitas e o formulario de contacto pode verse en http://www.visitariazor.com/

Na solicitude de reserva os centros indicarán que participan en Xogando co Xadrez.

Calquera dúbida sobre este programa será atendida nos correos electrónicos de AGAX ou Deporcultura que aparecen nos seus espazos web.

Actividades en colexios 2010

A actividadenos colexios que colabouran con este programa consiste na visita dun monitor de AGAX que da aos alumnos entre 3º e 6º de primaria unha charla sobre xadrez e as súas normas básicas.

A idea é que todos os rapaces ao chegar a secundaria saiban xogar ao xadrez e teñan unhas ideas básicas.

Ademais tentamos potenciar o xadrez como actividade escolar, dividindo a xente do torneo por colexios e proclamando un campión de cada centro.

A actividade compleméntase con actividades culturais, como a compra de libros de xadrez por parte dos colexios ou actividades como visitar o estadio de Riazor, no que os rapaces reciben un libro de Iniciación ao xadrez.

I Certame "Libro de Xadrez"

I Certame "Libro de Xadrez"
Bases

1. Poderán participar no certame calquera persoa que presente obras orixinais e inéditas escritas en galego.

2. O tema dos traballos será o xadrez, sendo material útil para o ensino ou promoción do mesmo e dentro desta idea o tema será libre. Os traballos presentaranse en formato DIN-A4, a dobre espazo en tipo de letra Times New Roman, corpo 10, por unha soa cara, cunha extensión mínima de 60 e máxima de 80 páxinas. Os diagramas ou figuras non superarán os 5x5 cm.
As persoas participantes poden presentar máis dunha obra.
Os traballos serán enviados a través de soporte dixital ao Apartado de Correos 769 - 15080 A Coruña ou ben vía Internet a correo@agax.org. O formato será .odt do open office ou .doc do Mircrosoft Word.

3. Os traballos presentaranse sen sinatura, indicándose en folla aparte ou en outro arquivo do correo os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, enderezo completo e data de nacemento).

4. O prazo improrrogable de recepción de orixinais será o 23 de abril de 2010, Día do Libro.

5. Actuará como xurado a Xunta Directiva da Asociación Galega de Xadrecistas que poderá solicitar opinión doutras persoas adicadas ao ensino do xadrez. O devandito xurado poderá declarar deserto o concurso. A interpretación destas bases ou calquera outro aspecto non previsto nelas é competencia exclusiva do xurado.

6. A resolución do xurado, que será inapelable, farase pública o 8 de maio de 2010.

7. AGAX reservase os dereitos de edición sobre a obra premiada, dentro da Colección de Libros de Peto de ASENCUDEGA, facéndose unha tirada máxima de 500 exemplares. Estes primeiros exemplares estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cen exemplares da obra publicada.

8. A presentación de traballos a este certame supón a aceptación total destas bases.

CORENTENA!

PASANDO ESTES DIAS CO XADREZ

Imos tentar que esta corentena sexa máis levadía para todos cunha serie de propostas que vos propomos. No voso móbil ou tableta aconsell...