24 de maio de 2016

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

Xa estamos a rematar este curso 2015-2016 e como peche o próximo fin de semana celébrase no Centro Comercial dos Rosales unha nova edición do Torneo de Xadrez de Primavera.

A actividade desenvolverase en dous días.

Desta maneira o venres 27 desde as 18,00 colocaranse unhas mesas para a disputa de partidas amigables e máis tarde, ás 20,00, iniciarase un torneo de partidas rápidas a cinco minutos que terminará unha hora máis tarde. Nesta proba os participantes xogarán nunha única categoría e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados.

O sábado 28 disputarase o Torneo de Primavera no que poden participar todos os interesados no que os participantes serán divididos en categorías en función da súa idade; sub8, sub10, sub12, sub14 e absoluto.
As roldas terán lugar dende as 17,00 ás 19,30.

A participación é gratuita.

As inscricións poden realizarse no teléfono 981 150 168 ou no correo electrónico asociacion@palaestra.net

6 de maio de 2016

AGAX - Xadrez e Ciencia: DIA DA CIENCIA NA RUA

AGAX - Xadrez e Ciencia: DIA DA CIENCIA NA RUA: MAÑÁ SABADO celébrase unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. O parque de Santa Margarida da Coruña, ao redor da Casa das Ciencias ac...